jueves, 31 de mayo de 2018

PAXARIÑOS...

Os paxaros tamén teñen un lugar na nosa horta. Veñen a comer e a beber na fonte. Non lle fan moito caso aos nosos espantallos.











⇦⇦⇦⇦⇦⇦

REFRÁN DE MAIO


Todos os meses teñen refráns relacionados co campo. Xa vimos os de xaneiro, febreiro, marzo e abril. Agora toca  maio. Mirade, que chulo...canta sabiduría popular!

domingo, 27 de mayo de 2018

MILLO PARA A NOSA GALIÑA


A nosa pita poleira está a recibir as mazarocas de millo coas palabras fermosas que as nenas e nenos lle escriben. 

Cal será a palabra gañadora? Axiña o saberemos.

CAROZOS

Carozos, cadolos, carolos, canotos, cañotos, caróns...

Estes son os nomes que aparecen no noso dicionario para nomear o interior da mazaroca do millo. Cadaquén que use a palabra que prefira.

O millo do outono serviunos, unha vez debullado, para aproveitar os carozos e xogar  con eles na primavera. Estupendos xoguetes!


miércoles, 16 de mayo de 2018

CARRETILLA DE LIBROS



Esta é a carretilla que contén os libros sobre o proxecto do Centro. Podedes remexer e buscar nela a información que precisedes. Está na nosa biblioteca.

lunes, 14 de mayo de 2018

SEMANA CULTURAL

Comenzamos a semana cultural con visitas na biblioteca e co noso proxecto presente Da horta a cociña.
 Neste caso, tres profesionais da restauración amosáronnos alimentos, receitas, utensilios, oficios relacionados coa cociña e a alimentación e moitas cousas máis, para quedarmos  coa boca aberta!
 Moitas grazas Juan, Mabel e Vanesa! Grandes profesionais!


IMAXES DO PASADO ENTROIDO



O proxecto tamen serviu para disfrazarmos. Premendo na imaxe veredes máis fotos.



lunes, 7 de mayo de 2018

AROMÁTICAS

As plantas xa secas e colgadas dun pao para producir sensación agradable. Pasade ao corredor de E. Infantil e veredes e uliredes.


O PLANO DA NOSA HORTA

Todo ben organizado e planificado, para non esquecer nada. Así se fai co plano da horta deseñado polas profes de E. Infantil.


A MIÑA PEQUENA CASA XARDÍN

Iso é o que fixeron as nenas e nenos en E. Ingantil, unha pequena casa xardin onde están medrando as sementes que alí viven.
Fantástico!




REGAMOS!

Agora toca regar para que os nosos chícharos medren. Que non falte a auga!
Aquí tedes a nenos e nenas de 3º.