Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera da que levaron mostras para as súas casas, por suposto!
E vinagre aromatizado con especias e herbas aromáticas.
Ademais podedes ver como segue o noso horto porque regamos os amorodos que medran no horto vertical (e que xa teñen flores).
Observamos os tulipáns, o grelos e os chícharos:
A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario