sábado, 23 de noviembre de 2019

MÁIS ACTIVIDADES NA HORTA E NA BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimestre deste curso 2019-20, as nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria están a desenvolver un proxecto sobre a horta co que aprenden moitas cousas novas e se divirten xogando e experimentando.

A ANPA realiza, a través das monitoras do proxecto, un labor moi completo tanto na horta do colexio como na Biblioteca do mesmo, con semilleiros, plantacións, observación e clasificación de froitos, hortalizas, sementes...Mesmo cunha froiteiría para poder mercar!










A actividade desenvolveuse xa en dúas fases en datas distintas. Unha sobre hortalizas e froitos da horta e outra sobre froitos secos e cogumelos, froitos propios do outono. Como podedes comprobar, tanto na horta como na biblioteca.