A fonte da nosa horta ficou conxelada logo das noites frías que viñeron. Aquí podedes ver como está e como desfrutan os máis pequenos.
sábado, 16 de enero de 2021
sábado, 29 de febrero de 2020
TALLERES NA HORTA
Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera da que levaron mostras para as súas casas, por suposto!
E vinagre aromatizado con especias e herbas aromáticas.
Ademais podedes ver como segue o noso horto porque regamos os amorodos que medran no horto vertical (e que xa teñen flores).
Observamos os tulipáns, o grelos e os chícharos:
A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.
sábado, 25 de enero de 2020
sábado, 14 de diciembre de 2019
CHAMPIÑÓNS
Aquí podedes ver que, con esmero e paciencia, coidando os nosos recursos, podemos ver os sorprendentes resultados.
sábado, 23 de noviembre de 2019
MÁIS ACTIVIDADES NA HORTA E NA BIBLIOTECA
Durante o primeiro trimestre deste curso 2019-20, as nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria están a desenvolver un proxecto sobre a horta co que aprenden moitas cousas novas e se divirten xogando e experimentando.
A ANPA realiza, a través das monitoras do proxecto, un labor moi completo tanto na horta do colexio como na Biblioteca do mesmo, con semilleiros, plantacións, observación e clasificación de froitos, hortalizas, sementes...Mesmo cunha froiteiría para poder mercar!
A actividade desenvolveuse xa en dúas fases en datas distintas. Unha sobre hortalizas e froitos da horta e outra sobre froitos secos e cogumelos, froitos propios do outono. Como podedes comprobar, tanto na horta como na biblioteca.
jueves, 11 de octubre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio. Os ...
-
Para envexa de todos e todas, aquí tedes os nosos últimos produtos da horta: Os mirasoles que plantaron as nenas e nenos de 4 anos (agarda...
-
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. No noso colexio levamos a cabo moitas actividades. tamén na horta, plantando pensamentos par...





























