Mirade que leitugas saíron da nosa horta e dos coidados das nenas e nenos de 3º de Primaria xunto coas súas titoras, Olga e Montse.
A seguir recoleitando!
Aquí veredes un vídeo onde a rapazada de E. infantil realiza uns medallóns con plantas da nosa contorna e despois, unhas bombas de sementes que poderemos lanzar no espazo natural que escollamos para que medren plantas fermosas.
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. No noso colexio levamos a cabo moitas actividades. tamén na horta, plantando pensamentos para adicarlle a Rosalía. Nenas e nenos de Infantil puxéronse á obra e así desfrutaron. Podedes ver o seguinte vídeo.