sábado, 23 de noviembre de 2019

MÁIS ACTIVIDADES NA HORTA E NA BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimestre deste curso 2019-20, as nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria están a desenvolver un proxecto sobre a horta co que aprenden moitas cousas novas e se divirten xogando e experimentando.

A ANPA realiza, a través das monitoras do proxecto, un labor moi completo tanto na horta do colexio como na Biblioteca do mesmo, con semilleiros, plantacións, observación e clasificación de froitos, hortalizas, sementes...Mesmo cunha froiteiría para poder mercar!










A actividade desenvolveuse xa en dúas fases en datas distintas. Unha sobre hortalizas e froitos da horta e outra sobre froitos secos e cogumelos, froitos propios do outono. Como podedes comprobar, tanto na horta como na biblioteca.


jueves, 21 de junio de 2018

COMO MEDRAN OS CHÍCHAROS!



Así de grandes están os chícharos que sementamos. Aquí vemos nenos e nenas de 3º do cole que os coidan con cariño

A NOSA COLLEITA



Aquí tedes unha parte da nosa colleita: patacas, cenoiras ou cebolas son algúns dos produtos que poidemos recoller na horta. Queremos compartilos con vós.




PUBLICACIÓN SOBRE O PROXECTO



Aquí tedes algunhas páxinas da publicación que realizaron en E. Infantil para recoller moitas das actividades do proxecto.