sábado, 27 de marzo de 2021

As pequenas e pequenos tamén van á horta!

 


Coa primavera entran ganas de estar na horta, plantar e coidar do plantado. Xa desde moi novos, as nenas e nenos de infantil saen á horta para aprender cos recursos da natureza.



lunes, 8 de febrero de 2021

2 de febreiro: Día da Candeloria


Seguimos recollendo neste blog da nosa horta os traballos e talleres sobre a natureza. Con este motivo, o día da Candeloria, tócalle aos nosos paxariños.

Así di o refrán:

Cando a Candeloria chora,
o inverno vai fóra.
Cando a candeloria ri,
o inverno está por vir.





Así estuda o alumnado de E. Infantil o mundo dos paxaros e as aves.

 

sábado, 16 de enero de 2021

NOITES DE XEADA, FONTE CONXELADA

 A fonte da nosa horta ficou conxelada logo das noites frías que viñeron. Aquí podedes ver como está e como desfrutan os máis pequenos.








sábado, 29 de febrero de 2020

TALLERES NA HORTA

Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos  naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera da que levaron mostras para as súas casas, por suposto!







E vinagre aromatizado con especias e herbas aromáticas.


Ademais podedes ver como segue o noso horto  porque regamos os amorodos que medran no horto vertical (e que xa teñen flores).


Observamos os tulipáns, o grelos e os chícharos:




 A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.

sábado, 14 de diciembre de 2019

CHAMPIÑÓNS

Aquí podedes ver que, con esmero e paciencia, coidando os nosos recursos, podemos ver os sorprendentes resultados.